A instalación de seis reemisores facilitará a recepción da TDT en aldeas carballiñesas

O grupo de goberno do Concello do Carballiño remitiu un escrito á Xunta de Galicia, e máis concretamente á Dirección Xeral de Comunicación, para que sexan solucionados os problemas que se están a rexistrar en varias zonas do municipio coa recepción das canles da televisión dixital terrestre (TDT). Según indicaron as autoridades municipais, ‘estas deficiencias impiden que moitos veciños do Carballiño poidan ver correctamente varias cadeas televisivas, entre elas á de Televisión de Galciai’.
Dende o Concello lémbrase que ‘hai seis meses se puxo en coñecemento da citada dirección xeral o problema existente, e os responsables autonómicos aseguraron que iniciarían os trámites para solventalo, pero a día de hoxe os veciños siguen coa mesma calidade de recepción’. A Concellería de Servizos Públicos manifestou que ‘a nivel técnico todo apunta a que estas deficiencias derivan da existencia de torres de enerxía eólica no contorno onde están ubicados os emisores, no monte da Medela’.

Instalaciones

Por outra banda, o Concello carballiñés tamén está a tramitar a colocación de reemisores da TDT para dar cobertura total o municipio, antes do chamado ‘apagón analóxico’. No territorio municipal hai seis zonas nas que os televidentes teñen dificultades para recibir correctamente a televisión dixital, concretamente nas localidades de O Penedo de Partovia, Pol de Piteira, Señorín, Mesego, Porto de Eguas e Godás do Río. Por iste motivo se solicitou da Dirección Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, a autorización para instalar outros tantos reemisores.


Te puede interesar