O CARBALLIÑO

A Insua dos Poetas celebra os días da auga, árbore e poesía

A Fundación “Insua dos Poetas” conmemorará tres efemérides o próximo 23 de marzo, contando coa colaboración do Concello do Carballiño, a Deputación de Ourense e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Fundación “Insua dos Poetas” conmemorará tres efemérides o próximo 23 de marzo, contando coa colaboración do Concello do Carballiño, a Deputación de Ourense e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A conmemoración será do Día da Auga, proposto pola Conferencia da ONU para o Medio Ambiente; o Día da Árbore, recomendado polo Congreso Forestal celebrado en Roma en 1969; e o Día da Poesía, efeméride adoptada durante a 30ª reunión da UNESCO, celebrada en París en 1999.

O encontro está previsto para as 12,30 horas no paraxe Insua dos Poetas, na localidade da Esgueva (Madarnás), en O Carballiño. A introdución correrá a cargo de Xabier Castro Martínez (secretario da Fundación), continuando o acto coa intervención de Luís González Tosar (presidente da Fundación Insua dos Poetas), seguido da participación dos alumnos dos distintos centros educativos do Carballiño.

Despois intervirán Román Rodríguez (conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria) e Manuel Baltar (presidente da Deputación de Ourense).

Para as 13,05 horas está previsto levar a cabo unha plantación de árbores a cargo dos escolares, escritores, artistas e veciños que asistan.

Te puede interesar