O CARBALLIÑO

Inversión de 45.000 euros para mellorar o auditorio

Ademáis de nova iluminación e son, acondicionarase a sala e o porche 

O Concello do Carballiño procede a executar obras de acondicionamento do centro multifuncional, tanto no seu exterior como no interior para mellorar as instalacións e correxir deficiencias. Así, para acabar coas goteiras cambiouse íntegramente a cuberta do porche e no escenario do auditorio colocouse unha nova tarima flotante. Ademais, e para optimizar ó máximo o espacio interior da sala principal, está prevista a colocación de mamparas móbiles de madeira, co cal o espacio para o público será maior ou menor, dependendo do aforo que aglutine cada unha das actividades a desenvolver.

Estas mamparas estarán no pasillo central, separando a primeira zona de butacas, da segunda zona, co que ofrece a posibilidade de crear un espazo máas reducido e cómodo, para actividades que non superen os 100 asistentes. Se a ocupación é maior, poderanse abrir ditas estructuras, deixando o aforo completo de case 500 persoas. A inversión é de 30.074 euros, que financia a Deputación.

A estas melloras hai que engadir a anova iluminación e mellora do son por importe de 15.000 euros. A Concellería de Cultura dotou de iluminación o escenario, cun truths suspendido sobre o mesmo, así como a mesa de luces que manexa todos os focos do citado truths, e o equipo de son con dous monitores, dous subgraves e dúas caixas. 

Te puede interesar