José Luis González segue a fronte do PP de Piñor

Agustín Hernández, José Luis González e Manuel Baltar, onte en Piñor.
O local da asociación de veciños de A Canda acolleu onte o congreso local do Partido Popular no municipio de Piñor. A única candidatura que se presentou foi a encabezada por José Luis González Rodríguez, que optaba á reelección como presidente local e que acadou o 100% de apoio dos compromisarios. José Luis González sinalou que 'dende mañá mesmo poñerémonos a traballar para solucionar os problemas dos nosos veciños, para facerlles ver a nefasta xestión que está facendo o PSOE e para que depositen en nós a confianza necesaria para que o PP gañe as eleccións de maio de 2015'.
O vicepresidente do PPdeG, Agustín Hernández, agradeceu o traballo do partido en Ourense e o presidente provincial, Manuel Baltar, destacaba a máxima do PPOU, que 'é o compromiso irrenunciable coa provincia, o motor que nos impulsa a seguir traballando como ata o de agora: falando e, sobre todo, escoitando á xente. Só estando ao seu carón, podemos articular políticas coa implicación de todas as administracións para afianzar o benestar'.

Te puede interesar