O CARBALLIÑO

Maside destina 75.000 euros para facer melloras nas redes de abastecemento

As melloras céntranse en dúas direccións: Por un lado, na construción dun ramal de abastecemento desde Dacón a Ribas e Ribiñas e por outro, no reforzo do equipamento

O Concello de Maside inicia nestes días unha serie de melloras no abastecemento de auga por importe de 75.000 euros. As melloras céntranse en dúas direccións: Por un lado, na construción dun ramal de abastecemento desde Dacón a Ribas e Ribiñas e por outro, no reforzo do equipamento para o control técnico e de xestión da rede de abastecemento.

Coa primeira medida, na do ramal a Ribas e Ribiñas desde Dacón, preténdese mellorar o servicio a esta zona do territorio municipal, actualmente servida con auga que chega dende a rede do Carballiño, co abastecemento desde o depósito de Gulfar a través de Dacón. Trátase dunha condución de 1.200 metros. Deste xeito, e no caso dunha avaría, pódese manter o servizo grazas ó circuito que se crea. Esta parte do proxecto consomé o 45% do mesmo.

O outro 55% vai destinado aos equipamentos de diferentes elementos de control que se van situar en diversas instalacións da rede de abastecemento de Maside, os cales teñen como fin a determinación, medida e almacenaxe de distintos parámetros técnicos (como control de nivel de depósitos, volumen de auga almacenada e consumos diarios, entre outros) e a posterior transmisión ata un elemento receptor. Deste xeito, coa información recibida, poderase efectuar o balance hidráulico da rede e, en función do mesmo, efectuar o seguimento.

Te puede interesar