Un mes de maio adicado á cultura e ó idioma galegos

Asunción Rivero. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Teatro, cine, conferencias, roteiros, obradoiros e exposicións son as actividades programadas pola Concellería de Cultura para este próximo mes de maio con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e da Festa dos Maios.
A responsable deste departamento, Asunción Rivero, presentaba unha completa programación, que conta coa colaboración de diversas asociacións como a de veciños de Torrón, para a organización dunha exposición e un obradoiro sobre os maios; a entidade cultural Avantar, que se encarga do roteiro de Manuel María e do Orcellón Fala e Canta, ademais dos centros educativos e agrupacións musicais.

Te puede interesar