Miles de maiores daranse cita o vindeiro día 9 no Carballiño

Unha reunión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade, presidida polo alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, serviu para a preparación do dispositivo de emerxencias que se porá en marcha o vindeiro 9 de xuño, co gallo da celebración da 'Festa dos Maiores', que organiza no Carballiño a Consellería de Benestar. Na xuntanza estiveron presentes representantes do Concello, Garda Civil, Protección Civil, Cruz Vermella e das policías nacional, autonómica e local.
A coordenación de tódolos efectivos correrá a cargo de Xosé Manuel Aldemira, e instalarase unha carpa para atender as urxencias médicas no Parque municipal. A organización estima que se desplazarán nesa xornada ata a vila do Arenteiro entre 15.000 e 20.000 pensionistas procedentes de toda Galicia e das comunidades autónomas de Asturias e Castela-León.

Te puede interesar