As mulleres maiores de 40 anos poñeranse ó día en sexualidade

A Concellería de Igualdade e Benestar Social do Carballiño organiza un obradoiro sobre afectividade e sexualidade para mulles.
As interesadas deberán estar empadroadas neste municipio e haber cumplido ou ter más de 40 anos para poder participar. O obradoiro realizarase empregando nunha metodoloxía vivencial como medio para suscitar a reflexión colectiva sobre as experiencias do propio día a día, facilitando unha aprendizaxe transformadora que busca o cambio persoal e a incorporación de actitudes, hábitos e conductas favorecedoras da autoestima e o benestar na vida cotiá das persoas participantes. 'Compaxinarase así a reflexión individual e a reflexión grupal, desenvolvendo paralelamente dinámicas grupais de distensión e de confianza para favorecer tanto a amenidade da sesión como o bo clima grupal', indicou a concelleira responsable deste departamento, Aurea Francisco.

A actividade estará dirixida por Berta Vega Villaamil, licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago, e que ten un Máster en Asesoramento, Mediación e Orientación Familiar na mesma universidade e un Postgrao como Especialista en Mediación Familiar e Socioeducativa na Resolución de Conflitos.

As datas previstas son o 3,5,10 e 12 de maio, no Centro de Información ás Mulleres. Terá lugar entre as 17 e as 20 horas para un número limitado de 15 persoas. O plazo para anotarse empeza hoxe.

Te puede interesar