As mulleres rurais da comarca celebran unha xuntanza este sábado no Carballiño

O vindeiro sábado, as 10 asociacións de mulleres rurais da comarca carballiñesa que están integradas na federación provincial (Femuro) van a levar a cabo na vila do Arenteiro o seu segundo encontro co gallo da conmemoración do Día da Muller Traballadora no pasado domingo 8 de marzo.
A Federación de Mulleres Rurais de Ourense promove iste evento ‘a fin de destacar unha xornada sinalada para tódalas asociadas que loitan dende os nosos colectivos pola igualdade, a conciliación e a formación das mulleres, xa que somos a mirada do presente e o reflexo do noso futuro’, sinala Alicia González, coordenadora da organización. Os actos do encontro están pensados para diversión conxunta de todas as participantes, e comezarán ás 13.15 horas no Parque Municipal do Carballliño.

Actuación Dende a explanada de entrada a esta paraxe natural, as mulleres realizarán un pequeno percorrido ata o palco da música, onde se lerá un manifesto e haberá unha actuación das ‘Pandereteiras e Cantareiras do Irixo’, un grupo de rapazas ‘que representan a unha nova xeneración, e que gardan a memoria do noso pasado, e pisan forte nun camiño de futuro’, engade a responsable do programa. A continuación, celebrarase un xantar de confraternidade e un animado baile no restaurante ‘O Pote’.

Te puede interesar