sociedade

As mulleres rurais de Piñor inauguran o seu local social

Este local foi cedido á asociación polo Concello de Piñor pero debido a que non dispuña das condicións axeitadas para a realización das numerosas actividades que leva a cabo a entidade,

 A Asociación de Mulleres Rurais A Rubideira de O Reino, en Piñor, celebra hoxe o acto de inauguración do seu local social sito nesta localidade, coincidindo cos 18 anos da traxectoria traballando por e para a muller do rural.

Este local foi cedido á asociación polo Concello de Piñor pero debido a que non dispuña das condicións axeitadas para a realización das numerosas actividades que leva a cabo a entidade, o Concello executou este ano as oportunas adaptacións para que se desenvolvan de xeito óptimo. Así mesmo, grazas ás subvencións da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense a asociación puido equipar o local.

O acto dará comezo ás 13,00 horas coa recepción e benvida da presidenta da asociación, Elsa Pajarín, ás persoas participantes. Acudirán ao acto máis de 100 mulleres socias e ademais estarán presentes veciños do pobo e autoridades

Te puede interesar