Música e cine prolongan ata xuño os actos do 17 de Maio

A Concellería de Educación e o Servizo de Normalización Lingüística do Carballiño abriron o pasado xoves o programa de actividades vencelladas co Día das Letras Galegas. Deste xeito, un grupo de alumnos do colexio Sagrado Corazón protagonizou, no contorno do Gran Balneario o xogo 'Pescando palabras, cociñando poemas', no que os escolares debían completar textos en homenaxe a Valentín Paz Andrade.
Os actos retomaranse na vindeira semana, cun concerto dos estudantes e profesores do Conservatorio Profesional e da Escola de Música municipais, que se desenvolverá o mércores 15, dende ás 20,00 horas, no Auditorio carballiñés. A programación terá a súa continuidade no mes de xuño, concretamente, o domingo día 17, cun visionado de películas para tódolos rapaces, de 17,00 a 20,00 horas, na Praza Maior, coa colaboración do Cine Clube e da ANPA do colexio público Calvo Sotelo.


BANDO

Xa o sábado 23 de xuño, o Concello e a asociación musical '8 Notas' organizan un taller de 'hip-hop', dirixido a adolescentes de 13 a 17 anos, e que terá como marco a Praza Maior da vila. A Concellería de Educación tamén distribuirá un marcapáxinas adicado a Valentín Paz Andrade, mentres o alcalde, Argimiro Marnotes, fará público un bando de exaltación das Letras Galegas.

Te puede interesar