Inaugurada la nueva vidriera de Antón Pulido en la Fundación Insua dos Poetas de O Carballiño

Además, Xosé Luís Méndez Ferrín será el protagonista de la próxima Festa da Palabra 2024

O escritor Xosé Luís Méndez Ferrín será o novo homenaxeado pola Fundación Insua dos Poetas na próxima Festa da Palabra do 2024, segundo o anunciou o seu presidente, Luís González Tosar, no trancurso do acto que tivo lugar onte na paraxe natural e cultural da Esgueva (Madarnás-Carballiño), do que é o seu impulsor, para inaugurar unha nova peza artística, nesta ocasión de Antón Pulido, dedicada a Arcadio López-Casanova, co nome de “Kermesse para Arcadio”.

vidriera insua dos poetas

“Esta peza é moi singular, é de distinto material ás 25 obras que temos en 20 anos aquí, gracias ao apoio institucional da Xunta e da Deputación”, sinalaba González Tosar, abrindo o acto, e puntualizando que Pulido “expresou a súa creatividade nunha vidreira que recolle a obra de Arcadio López-Casanova”. Sendo o Día Mundial do Urbanismo, engade o presidente da Fundación Insua dos Poetas, que “este acto contribúe a súa conmemoración ao urbanizar este espazo, pero mantendo a súa esencia como lugar natural”.

Antón Pulido manifestou que con esta obra “intento reflexar a miña grandísima admiracion que sempre sentín por Arcadio, para el esta kermesse de luz e cor”; e tamén agradecía a Luís González Tosar “polo seu esforzo e tesón por este espazo único da cultura galega onde xa dialogan diariamente 26 poetas”.

Felicitación

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, dicía que “hai moi poucos lugares en Galicia que compaxinen, que impregnen o propio medio rural coa poesía e a cultura”, felicitando a Tosar e o seu equipo polo traballo feito na Insua dos Poetas.

O presidente da Deputación, Luis Menor, clausuraba o acto ensalzando a figura de Ferrín como “unha auténtica personalidade, a súa altura intelectual ninguén a pode negar”. Menor reafirmou o compromiso do goberno provincial coa “nosa cultura”, sendo un dos piares básicos sobre os que se sustenta a folla de ruta da institución provincial para os vindeiros anos. A Deputación “debe poñer en valor a nosa cultura, así como o legado que nos deixaron ourensáns ilustres que co seu traballo e compromiso coa terra contribuíron a facer de Ourense o que hoxe é”, sinalou.

Ao acto asistiron tamén outros artistas e escritores, ademais de varios alcaldes e representantes municipais das comarcas do Carballiño e O Ribeiro, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén. Os asistentes desprazábanse ata o lugar onde foi colocada a “Kermesse para Arcadio”, onde un grupo de gaiteiros interpretou o himno de Galicia.

Te puede interesar