A Insua dos Poetas enxalza a obra do artista Antón Pulido
A fundación celebra mañá un acto que reunirá a escritores, artistas plásticos e autoridades
A Insua dos Poetas (A Esgueva, Madarnás, O Carballiño) acolle mañá ás 12,00 horas o acto de inauguración da peza artística que Antón Pulido dedica a Arcadio López-Casanova. A obra do recoñecido pintor, gravador e muralista Antón Pulido é o primeiro vitral a toda cor e de grandes dimensións que se instala na Insua dos Poetas. Unha peza singular e de vangarda que harmoniza e dialoga co verdor do espazo natural do seu entorno ( castiñeiros e carballos), titulada “Kermesse para Arcadio”. Unha homenaxe pictórica de Antón Pulido ó poeta, profesor e investigador Arcadio López-Casanova.
No transcurso desta actividade, Luís González Tosar anunciará o nome e apelidos da figura literaria á que se lle dedicará a Festa da Palabra de 2024, que terá lugar, como vén sendo habitual ó longo de vinte edicións, o terceiro sábado de xullo.
Luís González Tosar, escritor e presidente fundador da Insua dos Poetas, é o artífice deste predio de uso público cultural con máis de sete hectáreas de extensión, que xa reúne 25 pezas artísticas. Esculturas e pinturas murais dedicados a grandes autores da literatura galega (Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Valentín Lamas Carbajal, Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Castelao, Blanco-Amor, Álvaro Cunqueiro, Pura e Dora Vázquez, Celso Emilio Ferreiro, Carlos Casares, Xela Arias e outros importantes poetas e narradores).
Xa confirmaron a súa presenza no acto, Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Gabriel Alén, delegado da Xunta en Ourense; Francisco Fumega, alcalde do Carballiño, e outros alcaldes da comarca; Antón Pulido e outros artistas plásticos, escritores, xornalistas e persoeiros do mundo cultural galego, segundo Luís González Tosar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
8.000 NOCHES
Novo Rural crece y genera casi 800.000 euros en 2025
ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
64 AÑOS DE HISTORIA
La Festa do Pulpo unirá Carballiño y Lanzarote
Lo último
VIAJE INSTITUCIONAL DE CLAVIJO
Canarias prepara más de 30 actos para celebrar los 300 años de la fundación canaria de Montevideo
La Región
ZONA VERDE
La noche en que las hierbas se vuelven mágicas