A obra de teatro “Almar” fará unha xira internacional

photo_camera La actriz carballiñesa Josi Lage y el actor Gabriel Prada también director de Coiracho Produccions, acompañados por el concejal de Cultura, Diego Fernández, presentaron la obra de teatro Almar de la que ofrecerán un primer acto de 50 minutos de duración el próximo sábado y domingo a las 21h en el Auditorio Manuel María de O Carballiño

Os actores Josi Lage e Gabriel Prada son os protagonistas de “Almar”, de Coiracho Produccións, unha peza dirixida por Raúl Rodríguez da Silva que, traballando en Rusia, encargouse tamén de elexir a obra que trata sobre a despedida entre os namorados Albert Einstein e a espía soviética Margarita Konionkova.

Os días 5 e 6 de agosto presentarán o primeiro acto no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 21,00 horas, co que pretenden interactuar co público a través dun diálogo ao final da representación, e antes de iniciar unha xira internacional que levará este espectáculo a países como Argentina, Chile, México, Uruguai, Francia, Alemaña e Rusia, onde actuarán ante o guionista Alexander Gelman, e posiblemente tamén en Marrocos e Alxeria. “En ‘Almar’ hai algo de comedia, moito amor e un ritmo trepidante”, apunta a actriz carballiñesa, engadindo que “é un traballo psicolóxico e de moita investigación”. Gabriel Prada asegura que é unha obra complexa, con moitos matices e sinalaba que será presentada en festivais de medio mundo. No acto de presentación participou o concelleiro Diego Fernández.

Te puede interesar