Un obradoiro promocionará os tradicionais cantares de reis

A asociación cultural 'Os Serandeiros' organiza para os sábados de decembro un Obradoiro de Nadal co obxectivo de divulgar e promocionar os cantares de reis, 'unha das manifestacións máis enxebres e descoñecidas da música tradicional galega', segundo indican os membros da entidade. O obradoiro dividirase en gaita, percusión, voz e baile. As clases impartiranse nas instalacions do Casino Cultural e Recreativo do Carballiño.
A inscripción ten un custe de 10 euros e para máis información e matrícula os interesados poden dirixirse ó teléfono 645865080 ou ben mediante enderezo electrónico: [email protected].

Te puede interesar