Obras na AG-53 obrigan a cortar dous carrís á altura de Punxín

A Axencia Galega de Infraestruturas executará ao longo desta semana un paso de mediana no punto quilométrico 82+240 da autovía, no Alto de Santo Domingo-Barbantes (AG-53), á altura de Punxín. Os traballos consistirán na colocación dunha tubaxe para manter a drenaxe lonxitudinal da mediana, o recheo da zona e a disposición das barreiras actuais como desmontables, mediante a introdución de vainas no firme.
Para levar a cabo a súa execución é necesario cortar os carrís interiores entre hoxe e mañá, manténdose abertos ao tráfico os dous carrís exteriores en ambos sentidos de circulación. As obras empezaban onte pero non foi necesario cortalos.

Te puede interesar