La Región

GASTRONOMÍA

Olivier Fernández gaña o premio ó mellor pulpeiro

Este pulpeiro, que leva 15 anos na profesión, competía con oito profesionais 

Olivier Fernández Almeida gaña o certame do Fórum Gastronómico.
Olivier Fernández Almeida gaña o certame do Fórum Gastronómico.
Olivier Fernández gaña o premio ó mellor pulpeiro

O pulpeiro de Arcos Olivier Fernández Almeida foi o gañador do certame de pulpeiros do Fórum Gastronómico A Coruña 2019. Saliu elexido entre os oito que se presentaron, dos que tres procedían do Carballiño.

Olivier Fernández era a primeira vez que se presentaba a un concurso e o feito de ser o gañador espera que lle aporte algo de publicidade do seu negocio "Orixe Pulpería", ubicado en San Cibrao das Viñas, ao mesmo tempo que valora "o recoñecemento ao noso oficio por parte dos concursos, para dar máis visibilidade aos pulpeiros e manter o tradicional". 

Este pulpeiro de Arcos leva 15 anos na profesión, primeiro polas feiras e festas, e agora no seu restaurante, desde fai aproximadamente un ano e medio.

En relación aos motivos polos que foi seleccionado no Fórum Gastronómico declarou que o xurado fixo a cata do pulpo preparado por os oito pulpeiros que se presentaron, e que fundamentalmente "valoran varias cousas, como a súa textura, o corte, o aliño e a presentación", sinalou.