A organización da ‘Festa do Porco Celta’ de Beariz homenaxea ós seus colaboradores

O pavillón polideportivo de Beariz acollerá o vindeiro domingo 15 de marzo a terceira edición da ‘Festa do Porco Celta’, organizada pola sociedade agraria Oural co patrocinio do Concello, Inorde e Xunta de Galicia. Nesta ocasión, os promotores desta iniciativa de exaltación da carne porcina autóctona rendirán homenaxe ‘a aqueles organismos, entidades públicas e privadas que dende sempre nos diron o seu apoio’, sinala Xosé Balboa, coordenador do festexo.
Ademais, na celebración haberá cambios na infraestructura, ‘para facilitar a instalación dos artesáns na entrada do pavillón de Beariz, que nesta edición van a superar o cento de postos de gastronomía, vidro, madeira, coiro e outros productos elaborados no noso país galego’. As persoas que desexen participar no xantar oficial da festa poden adquirir as tarxetas nas sucursais de Caixanova, Caixa Galicia e Banco Pastor, ó prezo de 20 euros. O menú estará composto por empanada, chourizos e churrasco de carne de porco celta, postres, café e licores, no recinto deportivo municipal de Beariz.


Te puede interesar