Os pais piden unha redución das taxas do Conservatorio

Entre as numerosas reclamacións que plantexan está a conxelación das taxas causantes da suba das matrículas do Conservatorio/Escola de Música do Carballiño

A Plataforma cidadá que naceu tras o malestar e preocupación xerado pola aprobación durante a anterior etapa de goberno municipal do incremento anual do 20% nas taxas de matriculación do Conservatorio/Escola de Música do Carballiño dirixe un escrito subscrito por máis de 700 firmas ó Concello para solicitar unha entrevista co alcalde, Francisco Fumega, xunto co concelleiro responsábel para explicarlles "as nosas reivindicacións e certas propostas encamiñadas á mellora deste, para nós, fundamental servizo para o Carballiño", sinala a portavoz da plataforma Sofía Sieiro

Entre as numerosas reclamacións que plantexan está a conxelación das taxas causantes da suba das matrículas do Conservatorio/Escola de Música do Carballiño, considerando que deben voltar ao nivel das do curso 2012/2013, e a elaboración dun plan integral de desenvolvemento para a óptima xestión do Conservatorio.

Te puede interesar