Os pais poden deixar xogandoós nenos cando van a traballar

A Concellería de Xuventude do Carballiño poñerá en marcha o vindeiro mes de xuño o programa 'Concilia en verán', orientado ás parellas que non poden ocuparse dos seus fillos por motivos de traballo. Segundo explicou a responsable de esta área municipal, Asunción Rivero, 'o prazo de inscripción vai ata o 28 de maio para un total de 40 nenos de tres a 12 anos, que estarán atendidos por monitores de luns a venres, entre as 7.50 e as 13.30 horas'.
Os rapaces desenvolverán actividades tales como xogos e talleres no local habilitado polo Concello carballiñés na rúa Calvo Sotelo. 'O único requisito é que os pais estén empadroados no municipio, tendo preferencia as familias monoparentais e as que presenten unha renda de ingresos baixa', apuntou a edil socialista. O programa é unha continuación de 'Familias madrugadoras', que funciona de setembro a maio.

Te puede interesar