Pedra do país recubrirá as plataformas das pulpeiras

As plataformas que desexa construir o Concello do Carballiño para os postos de venda de pulpo no Parque Municipal estarán recubertas de pedra do país, según confirmou onte o alcalde, Argimiro Marnotes. O rexedor carballiñés, acompañado polo concelleiro de Obras, Magín Daparte, e do arquitecto municipal, Sergio Mascareñas, desplazouse onte ata a zona onde se ubican as pulpeiras nesta paraxe natural para presentar o proxecto das 18 plataformas que terán unha dimensión de 5,75 por 2,60 metros e unha capacidade para acoller dúas caldeiras de cocción do pulpo.
Estas instalacións serán dotadas dun grifo de auga e dunha arqueta para baleirar os desperdicios, que estará conectada a unha canalización de saneamento subterránea. Argimiro Marnotes apuntou que 'nós damos explicacións, e non coma outros que fixeron talas neste Parque e non deron ningunha', en alusión al BNG.

Te puede interesar