homexane

Piden nomear a Felisindo López fillo predilecto do concello de Piñor

Felisindo López axudou a moitos vecinos ofrecéndolle traballo en Venezuela, onde promoveu unha fundación para axudar aos españois con dificultades no país

O concelleiro independente polo PSdeG do Concello de Piñor, Uxío Rodríguez Blanco, solicitou unha xunta de portavoces dos distintos grupos da Corporación municipal para elaborar un regulamento de concesión de distincións honoríficas, no caso de que non exista en Piñor, e co fin de nomear a Felisindo López Lorenzo fillo predilecto a título póstumo. 

O pasado 26 de agosto falecía este veciño natural de Piñor aos 81 anos, no lugar de Arenteiro, onde residía desde fai tres anos.

Uxío Rodríguez Blanco fai esta proposta aos demais grupos municipais debido "a súa traxectoria persoal, como veciño, empresario e benefactor de todos aqueles que precisaron da súa axuda en tempos difíciles da emigración".

Felisindo López Lorenzo emigrou sendo moi novo a Venezuela e nese país axudou a moitos veciños ofrecéndolles traballo e apoio económico durante os primeiros momentos difíciles da emigración. Nos últimos anos incluso promoveu unha fundación para axudar aos españois en Venezuela con baixos recursos.

O empresario retornou definitivamente fai tres anos a Piñor por motivos de saúde.

Uxío Rodríguez sinala que "reúne todas as cualidades, como persoa e veciño que foi diste concello, para telo en consideración". Por iso, insta aos portavoces a unha reunión para consensuar a proposta.n

Te puede interesar