Piñor inicia en outubro o plan de apoio escolar

O programa chamado "familias tardías" desenvolverase entre as 17,45 e as 20,00 horas, no centro social da localidade

O Concello de Piñor pon en marcha un ano máis o servizo Familias Tardías para a conciliación da vida familiar e laboral, destinado a cativos en idade escolar (desde Primaria á ESO, podendo acudir alumnado de 4 ou 5 anos en circunstancias especiais). Os rapaces recibirán apoio escolar diario en horario de 17,45 a 20,00 horas, unha vez rematada a xornada no colexio. O programa desenvolverase no centro social, e o alumnado pode solicitar cambio de parada do autobús escolar para que poidan acudir neste medio de transporte.

O prazo de inscrición será ata o 20 de setembro. A atención ós cativos comezará o día 2 de outubro, no caso de formar un grupo mínimo de participantes.

Te puede interesar