Poesía e debate contra a violencia de xénero no Carballiño

A concelleira de Servizos Sociais do Carballiño, Aurea Francisco, anunciou onte que o programa de actividades con motivo do Día Contra a Violencia de Xénero, que é o 25 de novembro, non se limitará a esa única xornada, senón que se desenrolarán outros actos, empezando polo día 10, con unha mesa redonda sobre 'A explotación sexual, a escravitude no século XXI'.
Nesta mesa, que presentará a concelleira nacionalista, participarán Silvia Pérez (profesora na Universidade de Vigo), Raquel Doval (psicóloga responsable do centro da muller Alumar) e Xosé Ramón Santiago (xefe da Brigada Policía de Estranxeiría de Ourense). Será no salón de plenos, ás 20,00 horas. Para o 25 de novembro, está previsto un acto de sensibilización, mediante un recital poético no que participarán mulleres en representación do Concello do Carballiño, de asociacións, e da ciudadanía en xeral. O programa complétase cunha charla de Pilar García Negro, coa fecha e hora aínda por concretar.

Te puede interesar