POLÍTICA LOCAL

Polémica en O Carballiño sobre o desvío de fondos de emprego a festas e soldos

O grupo municipal Espazo Común do Carballiño critica a actitude do tenente de alcalde, Manuel Dacal, considerando inasumibles nunha institución democrática as manifestacións que fixo afirmando que se á oposición non lle gustan as decisións do goberno "que se rasquen". Este grupo da oposición opina que esas declaracións "arrastran polo fango a imaxe do concello ao que representa". 

Dacal estaba referíndose "ao desvío de fondos das partidas orzamentarias municipais de emprego para financiar festexos e salarios de concelleiros, e a súa resposta para xustificar o inxustificable, foi que as festas crean emprego; despois de mentir sobre a orixe dos fondos e, por último, engadir un exabrupto impropio dunha persoa que ostenta un cargo de responsabilidade", afirma.

Manuel Dacal contesta dirixíndose a este grupo da oposición que "a teatralización non hai que facela nos plenos ante os veciños do Carballiño, para eso recoméndolles facelo no auditorio. Non ten sentido que lles moleste que haxa festas cando o pobo é o que quere porque xeran moito emprego".

Te puede interesar