O alcalde valora que ‘hai un tráfico máis fluido no casco urbán e máis prazas de estacionamento’

A Policía Local valida os cambios aplicados hai un ano na circulación vial do Carballiño

Unha grúa produce un atasco, onte, na avenida Rodríguez
A toma de medidas por parte do Concello do Carballiño para mellorar a circulación vial no casco urbán da vila do Arenteiro resultou exitosa, según a avaliación feita polos responsables da Policía Local. A canalización do tráfico cara o cruce de Ribadavia e a rotonda da Alameda, hai agora un ano, permitiu ‘máis fluidez e a creación de medio cento de novas prazas de aparcamento’, sinala o alcalde, Carlos Montes. Ademais, a instalación de semáforos facilita o paso de peóns no contorno da Rúa do Paseo.
Pasado un ano dende que foi aprobado o novo regulamento do tráfico rodado na vila do Arenteiro, os gobernantes locais amparados na análise dos técnicos da Policía Local concluiron que os obxectivos buscados con estes cambios foron cumplidos. Deste xeito, o alcalde do Carballiño, Carlos Montes, sinala que ‘foi eliminada a conxestión circulatoria que se rexistraba antes da toma destas medidas en todo o centro urbán e, sobre todo, nas rúas Aldara, Cesáreo Tizón e Calvo Sotelo, ademais da avenida Conde Vallellano’.

Según apuntaron os responsables da Policía Local, ‘nestas arterias producíanse atascos diriamentea nas horas punta , de 12.00 a 13.00 horas e de 18:00 a 20:00 horas, incidencias que foron desaparecendo destas rúas e avenidas de xeito apreciable’. Asemade, o equipo municipal de goberno indica que ‘a nova organización do tráfico permitiu crear 50 novas prazas de aparcamento onde poder estacionar os vehículos, un dos grandes retos cos que se enfrontaba a diario a Policía Local, xa que moitos conductores buscaban espazos prohibidos, causando problemas circulatorios e de paso para os peóns’, lembra o alcalde carballiñés.

Semáforos


Por outra banda, iste aumento de prazas de estacionamento tamén facilitou ó Concello a delimitación de espazos reservados a automóbiles de persoas discapacitadas, según os técnicos da Concellería de Tráfico. Outro dos aspectos que destacan istes foi a colocación dos semáforos no cruce da avenida Conde Vallellano coas rúas do Paseo e Curros Enríquez. ‘Nun primero momento, cuestionábase a súa utilidade, pero ó abeiro das probas do día a día, comprobouse finalmente como as sinais semafóricas constribuiron á mellora da circulación e axudaron a desconxestionar o tráfico de vehículos en toda a zona da rotonda da Alameda e as saídas cara Ourense, Lalín e Santiago’, comenta Carlos Montes.

O alcalde apunta que ‘os técnicos da Policía Local do Carballiño buscaron unha nova organización do tráfico que permitira vertebralo nun sentido orientado o centro xeográfico da vila, co obxectivo de distribuilo dende a entrada máis utilizada, a que procede da cidade’. Ademais, os cambios tamén teñen en conta ‘a circulación que no futuro chegará dende o enlace coa autovía Dozón-Ourense, e que incrementará sustancialmente a entrada de vehículos ó casco urbán da vila’. Neste sentido, o Concello carballiñés xa dispón dun proxecto que contempla unha rotonda de acceso á rúa Ourense dende a estrada N-541, na zona de A Fontela, e outro que contribuirá ó acondicionamento desta mesma rúa, que se convertirá nunha das vías máis importantes de entrada no Carballiño.

Te puede interesar