Un tribunal informará do pase de dous axentes a outra actividade

A Policía perde efectivos nas rúas carballiñesas

Un axente da Policía Local, nas oficiñas da Casa do Concello. (Foto: MARCOS ATRIO)
A plantilla da Policía Local do Carballiño necesitará reforzos unha vez que dous dos axentes que prestan servizo na actualidade na rúa solicitaron o pase á chamada 'segunda actividade', que lles permite continuar como funcionarios pero sen ter que patrullar as rúas.
Esta situación repercutirá na futura planificación da estructura operativa de seguridade do Concello, xa que a presenza no casco urbán de tres turnos diarios de oito horas, quedaría reducida, ó pasar dos 15 axentes actuais a 13 axentes e dous cabos -o terceiro tamén realiza tarefas administrativas polo seu paso á segunda actividade-.

Según apuntaron fontes da Concellería de Persoal, 'unha comisión integrada por tres médicos deberá emitir un informe vinculante para a alcaldía encol do estado de saúde dos dous axentes'. Istes, que levan 16 anos no posto, alegaron problemas de 'disminución das capacidades psicomotrices' para así poder abandoar os seus cometidos na rúa, debido ás súas eivas físicas. No caso favorable de que as autoridades municipais asuman a situación, os dous axentes desempeñarían traballos de oficiña ou calquera outro (alleo ás tarefas propias) que non inflúa na merma da súa saúde.

O próximo alcalde, Argimiro Marnotes, apunta que 'primeiro haberá que facer un estudio pormenorizado dos recursos humáns do Concello e as necesidades ás que dan resposta, para decidir unha ampliación da plantilla policial'.

Te puede interesar