CERTAME

Unha pontevedresa gaña o certame de fotos de Boborás

uploaded_fotoSS

A autora da mellor foto recibirá un premio de 400 euros.

 O Concello de Boborás ven de resolver o II concurso fotográfico “Boborás, arte e natureza e as súas xentes” que nesta ocasión gañou a pontevedresa Beatriz Cabanelas González coa fotografía "Campo da Feira de Moldes", polo que recibirá un premio de 400 euros.

Os tres accésit foron para José Emilio Gómez Crespo (Partovia), coa foto “O Embalse”, Isabel Janeiro Touriño (O Carballiño) por “Xentes” e Ángel Barreiro Araújo (Valladolid) por “Curiosity”.

O Concello de Boborás amosase moi satisfeito pola participación de 21 fotógrafos cun total de 60 fotografías sobre Boborás. Resalta a gran calidade de todas as fotos e de como souberon captar a beleza deste municipio é a alta participación de fotógrafos de fóra da comarca e mesmo da comunidade autónoma. Con esta actividade preténdese dar a coñecer Boborás, de grande interese tanto natural como patrimonial. O día da entrega dos premios será o 2 de xullo, ás 11,30 horas, en Casa Anxeliña. Tamén se sortearán entre os participantes asistentes cinco noites, unha por cada casa de turismo rural de Boborás, e dous estuches con viño ribeiro Pazo Tizón de Moldes, galardoado como o mellor ribeiro branco de colleiteiro 2015. 

Te puede interesar