A festa de exaltación de Beariz adícase a México e inclúe fréxoles, chiles e tequila no menú

O porco celta ‘cantarᒠrancheras

José Vázquez, Carlos Montes e Inmaculada Ucha, na presentación da festa carballiñesa.
A cuarta ‘Festa do Porco Celta’ de Beariz celebrarase o vindeiro 14 de marzo na honra dos emigrantes en México. Un servizo ourensano de catering elaborará un ménú con ingredientes do país azteca, restrinxido a 800 comensais.
A cooperativa gandeira ‘Oural’ e o Concello de Beariz son os encargados da organización da cuarta edición da ‘Festa do Porco Celta’, que se celebrará no pavillón polideportivo municipal o vindeiro 14 de marzo e que estará adicada ó colectivo de emigrantes en México. ‘Este ano quixemos innovar e dar un salto cualitativo, tanto a nivel de contidos coma de infraestructura’, sinalou José Balboa, concelleiro de Cultura de Beariz.

Así, o anterior servizo de cociña será substituido por un de catering, ‘Ucve’, radicado na cidade, que se encargará de elaborar un aperitivo a base de tortas mexicanas cunha pasta de fréxoles, carne de porco celta, queixo, tomate, chile e filantro. O menú principal estará composto por chourizos con cachelos cocidos, porco asado en forno de leña e buñuelos, café e tequila. ‘As persoas que desexen acudir ó festexo deberán reservar a tarxeta, a un prezo de 20 euros, xa que o aforo do pavillón estará limitado a 800 comensais’, añadió el coordinador de la organización.

Degustación

No acto de presentación do evento, o alcalde do municipio, Manuel Prado, destacou que ‘os socios de Oural están a contribuir non só á promoción turística de Beariz, senón tamén a recuperar o uso do agro para as explotacións de porco celta’. A continuación, os nove concelleiros da Corporación municipal e os medios participaron nunha degustación do xantar previsto para a festa, que tamén recibiu o visto bó de Alberto Otero, director da Escola de Hostelería de Vilamarín.

A cachucha disfrázase no Carballiño

A vila do Arenteiro acollerá o vindeiro 14 de febreiro a ‘Festa da Cachucha’, que volve a coincidir co domingo de Entroido na súa decimosexta edición. A Asociación de Hoteis do Carballiño será a encargada, ó traverso de José Vázquez, un dos seus directivos, de cociñar uns 2.000 quilos de carne de porco e tenreira para o xantar que se organizará ás 14.30 horas nunha carpa cuberta ubicada na Praza do Emigrante, e con cabida para 250 persoas.

O alcalde carballiñés, Carlos Montes, lembrou que ‘os prezos non sufren variación respecto dos anos anteriores, e serán de 12 e 17 euros, respectivamente, dependendo de se os comensais aparecen ou non con disfraces’. No decurso da velada, o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, dará a coñecer os gañadores da ‘Olimpiada da Tapa’, que se está a desenvolver en 14 locales de hostelería do Carballiño dende a pasada fin de semana. Na mesma xornada dominical, un total de 15 restaurantes e mesóns tamén servirán o cocido típico de cachucha, chourizos, carne, chourizos, postres e café. As charangas ‘Garrafón.com’ e ‘Aperta’ animarán as rúas e o xantar oficial cos seus instrumentos de percusión.


Te puede interesar