O CARBALLIÑO

O PP presenta ós candidatos para as municipais na comarca

De esquerda a dereita: Manuel Vázquez, Alejandro González, José Luis Valladares, Manuel Prado, Argimiro Marnotes , Ernesto Pérez, Manuel Baltar, Manuel Penedo, Miguel Tellado, José Luis González e Rosendo Fernández (JOSÉ PAZ)
photo_camera De esquerda a dereita: Manuel Vázquez, Alejandro González, José Luis Valladares, Manuel Prado, Argimiro Marnotes , Ernesto Pérez, Manuel Baltar, Manuel Penedo, Miguel Tellado, José Luis González e Rosendo Fernández (JOSÉ PAZ)

Repiten todos os cabezas de lista que se presentaron aos comicios de 2011, agás o de Maside

 O Partido Popular de Ourense (PPOU) presentou onte en Casa da Cultura do Carballiño os seus candidatos ás eleccions municipais correspondentes á Xunta Electoral da zona carballiñesa. O acto estivo presidido polo titular provincial do partido, Manuel Baltar, e contou coa presencia do voceiro do PPdeG, Miguel Tellado Filgueira, e do secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández.

A benvida do acto correo a cargo do alcalde anfitrión, Argimiro Marnotes, sucedéndose a continuación as intervencións de Rosendo Fernández, Miguel Tellado Filgueira e Manuel Baltar.

O PP repite os candidatos de 2011, con excepción de Maside. Así, ademáis Argimiro Marnotes, en O Carballiño, encabezarán as listas Manuel Penedo Paradela, en O Irixo; Alejandro González, en Maside; Cipriano José Caamaño Castro, en Boborás; Manuel Prado López, en Beariz; José Luis González Rodríguez, en Piñor; Manuel Vázquez Fernández, en Punxín; Ernesto Pérez González, en San Amaro; y José Luis Valladares Fernández, en San Cristobo de Cea.

No seu primeiro acto político como portavoz do PPdeG, Miguel Tellado cuestionou a ideoloxía "oculta" detrás das "mareas cidadáns" que irrumpiron no mapa político galego ante as próximas eleccións municipais, ó considerar que representan "os restos do naufraxio da esquerda de Galicia". Neste sentido, afirmo que "haberá que ver quen está detrás desas mareas para ver se son cidadáns anónimos que queren participar en política ou son os de sempre, que renuncias as siglas do seu paratido para presentarse detras destas novas marca".

Te puede interesar