O PP quere un goberno estable con Marnotes como alcalde

Baltar, Crespo e Marnotes. (Foto: LR)
A sede local do PP do Carballiño acolleu na noite de onte o primeiro acto de preparación das eleccións municipais, ó que asistiu o presidente provincial desta formación política, José Manuel Baltar Blanco, e o candidato a alcaldía, Argimiro Marnotes Fernández, que estivo acompañado por membros da súa executiva.
Baltar Blanco apuntou que 'con Argimiro apostamos por un goberno municipal sólido e estable, a diferencia do actual, no que dúas forzas políticas xuntáronse tarde e fracasaron'. O líder 'popular' engadiu que 'ademais, Marnotes acadou o 100% dos apoios do partido no Carballiño'.

Pola súa banda, o candidato expresou que 'gustaríame sentarme xa a falar de política local con xente que queira participar no proceso e non a que esté a contar os días para marcharse', aludindo así á falla de candidatos alternativos á alcaldía tanto no PSOE coma no BNG.

Te puede interesar