SEGURIDADE

O PP reclama máis seguridade nas exhibicións de coches e motos

O grupo popular asegura que non se tomaron as medidas de seguridade para as persoas no centro do pobo

O grupo municipal do PP do Carballiño considera que o centro do pobo non vale para calquer tipo de espectáculo, se non prima a seguridade. Refírese a que durante a tarde do venres e o sábado pola mañá circularon polo centro camións que  transportaban pedras, troncos e diversos materiáis para desenvolver na tarde-noite do sábado unha exhibición de motocrós.

"Non existiu ningún  protocolo estable que fixera separar aos viandantes dalgún destes transportes e das súas  maniobras, e durante as probas de exhibición os elementos de separación entre a zona de circulación e o público non tiñan a consistencia que deberían ter", sinalan os populares. Engaden que se apreciou "nalgún caso unha distancia de menos de 1 metro entre unha persoa sentada nunha terraza respecto dunha moto en circulación  durante a exhibición". 

Este grupo tamén puntualiza que "non existía Policía Local suficiente", xa que estaba dispoñible unha única patrulla para a montaxe da exhibición de motos e para a concentración de coches na Praza da Veracruz, nin existían voluntarios suficientes de Protección Civil". 

Por iso, o PP espera que non se volvan a repetir situacións similares, "sen contar ao cen por cen coa seguridade precisa e co consenso de todos os afectados". 

Te puede interesar