O CARBALLIÑO

O PP ve ilegal o tribunal que soleccionará catro policías locais

Este grupo municipal da oposición, conclúe manifestando que "esiximos que se modifique este tribunal e se faga cumprir a legalidade"

O grupo municipal do PP de Carballiño afirma que as probas de selección de catro auxiliares de Policía Local, para as que foi publicado este pasado martes a composición do tribunal, non cumpren a legalidade ao ser nomeado entre eles un axente de policía que é ademais delegado sindical, representante dos funcionarios do Concello.

"Resulta certamente sospeitoso que por primeira vez e desde fai moitos anos, non estea designado para este labor o xefe da Policía Local, evidenciando algo que xa vimos detectando desde fai meses e que non é outra cousa que existe unha falla de confianza total do equipo de goberno, polo menos do concelleiro Adolfo Nogueira na persoa do xefe da PolicíaLocal", matizan os populares. Ademais, sinalan que "temos constancia de que sobre esta persoa existe solicitude de apertura dun expediente sancionador por diversas desavenencias coa Xefatura da Policía Local", apuntan referíndose ao axente que forma parte do tribunal seleccionador.

Este grupo municipal da oposición, conclúe manifestando que "esiximos que se modifique este tribunal e se faga cumprir a legalidade".

Te puede interesar