Os promotores da restauración de Lobás instan a Montes ‘a traballar pola cultura’

As declaracións do alcalde do Carballiño, Carlos Montes, encol do retraso na elaboración do proxecto de rehabilitación do Mosteiro de Lobás non foron do agrado da asociación cultural que hai dous anos promoveu esta iniciativa de recuperación do patrimonio.
O rexedor calificou de ‘ignorantes’ ós voceiros de PP e BNG na Corporación e a Xosé Moleiro, presidente da Orde dos Cabaleiros de Mosteiro, por descoñecer os pasos a seguir para solicitar de Fomento o financiamento do 1% cultural.

‘Eu asumo a ignorancia que poida ter, pero creo que despois de 30 anos loitando pola posta en valor do conxunto histórico etnográfico e artístico do pobo do Mosteiro tamén terei un chisco de sabiduría’, afirmou onte Xosé Moleiro. O fundador deste colectivo, creado hai dous anos para a defensa do patrimonio da comarca e que conta con máis de 40 afiliados de toda Galicia, engadiu que ‘a miña postura é clara, e non como a que manifestan outros que tentan encadear o ben cultural para que non saia á luz’.

Respaldo Xosé Moleiro agradeceu a disposición ‘que en todo momento tiveron os responsables do Obispado de Ourense cara a potenciación do Mosteiro de Lobás e o seu contorno, e dos tres grupos políticos da Corporación municipal do Carballiño que respaldaron en pleno e de xeito unánime a nosa iniciativa’. A asociación Orde dos Cabaleiros tamén conqueriu recentemente o apoio do resto de colectivos da Federación Cultural carballiñesa para levar a cabo unha limpeza do recinto do castro de Mosteiro, na que traballarán os propios afiliados.


Te puede interesar