O PSOE asegura que o municipio tiña un seguro de responsabilidade

O grupo municipal do PSOE do Carballiño saiu ó paso das declaracións do alcalde, o 'popular' Argimiro Marnotes, nas que suliñaba que o Concello carecía dun seguro que cubra danos materiais e persoais na maioría dos edificios públicos. Así, os socialistas aseguran que 'o Concello está totalmente dentro da legalidade, xa que o único seguro obligatorio que hai que ter é o de responsabilidade civil'.
Os concelleiros do PSOE engaden, ó respecto, que iste sempre estivo e está vixente e ó corrente de pago por un importe de preto de 25.000 euros anuais, e cubre calquera accidente ou problema que poida xurdir ás persoas en calquera propiedad municipa'. Manuel Dacal, edil socialista e exconcelleiro de Turismo, aclara que no mandato anterior 'se contratou un seguro particular para as pallozas do camping, tendo en conta que foron totalmente remodeladas e dotadas de equipamento'.

No mesmo sentido, o equipo municipal de goberno de Carlos Montes encargou unha póliza específica para preservar as instalacións da nave da brigada de obras, ubicada no polígono da Uceira, cun marxe máximo de indemnización de 600.000 euros. Manuel Dacal apuntou que 'sería moi difícil asegurar tódalas posesións do Concello, xa que o seu valor catastral ascende a un global de 46 millóns de euros'.

Te puede interesar