O PSOE propón ampliar as bonificacións por licencias

O grupo municipal do PSOE do Carballiño anunciou a presentación, no Rexistro do Concello, dun escrito no que convida ó equpo de goberno 'popular' a extender as bonificacións en licencias de obras a tódolos emprendedores. Os socialistas xustifican así a súa abstención na pasada sesión plenaria á hora de aprobar un desconto do 95% (18.000 euros) no imposto relativo ó proxecto de mellora do balneario de As Caldas de Partovia.
O grupo da oposición considera que se debería estudiar a concesión desas rebaixas (fixadas por lei entre o 1% e o 95%) ós promotores de calquera actividade empresarial, 'e mesmo a aqueles que por mor de conquerir melloras nas súas empresas garantan a creación de postos de traballo'.


PORCENTAXE

Os socialistas fan constar que sería desexable un control posterior do cumplimento dos requisitos que son necesarios para obter esta exención, de xeito que a porcentaxe de bonificación podería ser proporcional ó número de empregos creados, á duración dos mesmos e ó interese social, cultural e económico do proxecto.

Te puede interesar