O PSOE reclama o arranxo dun céntrico acceso en Punxín

O grupo municipal do PSOE de Punxín urxe ao goberno municipal a reparación da estrada de acceso ao centro de saúde do municipio, unha das vías de comunicación máis empregadas a diario pola veciñanza. As concelleiras socialistas afirman que desde fai meses existe unha zanxa tapada con terra o que provoca que se concentre po no aire, impedindo aos veciños abrir as fiestras das súas casas. 

Por iso, os socialistas consideran “urxente” a reparación desta estrada de acceso desde a N-541 e que se atopa a altura da Casa do Concello, dando acceso ó centro de saúde e á área recreativa do Bañino. “A veciñanza leva meses agardando o arranxo dunha das estradas que máis empregan a diario, e é preciso que o goberno se poña a traballar para dar resposta inmediata a dita reclamación”, sinalan.

“O trastorno que está ocasionando aos veciños e veciñas da rúa é severo”, engade a portavoz municipal, Lorena Peleteiro.

Te puede interesar