SALUD

O PSOE reclama outra ambulancia en Urxencias

POI
photo_camera Punto de Atención Continuada no Carballiño.


A moción tamén solicitará o apoio da Deputación e do resto dos concellos da comarca

O grupo municipal socialista, que goberna no Concello do Carballiño, presentará unha moción ao pleno para reclamar á Consellería de Sanidade máis ambulancias no servizo de urxencias do Punto de Atención Continuado (PAC) do centro de saúde, en donde se presta atención a toda a comarca, que abragngue a uns 30.000 habitantes. Os socialistas consideran que unha ambulancia non é suficiente para "dar cobertura ás emerxencias dunha poboación tan importante". 


A moción tamén solicitará o apoio da Deputación e do resto dos concellos da comarca, onde os grupos locais socialistas presentarán tamén as correspondentes propostas.


A iniciativa xorde a raíz do que aconteceu no magosto da localidade de Partovia, onde un veciño atopouse indisposto e, ante o temor de que fora unha doenza grave, chamouse ao 112 para pedir unha ambulancia. Tiveron que chamar ao centro de saúde e alí dixéronlles que estaba cubrindo un servizo en Ourense. Os veciños optaron por utilizar un vehículo particular. 


Responsables do Sergas afirman que o erro estivo en que tiñan que chamar ao 061, non a Protección Civil, e que con ter unha ambulancia máis tampouco solucionariase o problema. Por iso, insistiron en que "o 061 é o que moviliza tódolos medios", señalando que en Ourense o Sergas dispón de 60 ambulancias, 55 de transporte non urxente e 5 de soporte vital avanzado. Ademáis, segundo recordaron, o 061 dispón de medios de transporte urxente propios en tódolos PAC (14 en Ourense), unha UVI móvil e un helicóptero. 

Te puede interesar