O PSOE solicita que se cambie a ordenanza de acceso a garaxes

O grupo municipal socialista do Carballiño dirixiu onte unha petición para que o alcalde, Argimiro Marnotes, e o concelleiro de Facenda, Emilio Carballeda, modifiquen 'unha das abusivas taxas coas que están a castigar aos carballiñeses neste último ano e medio' sinalan. Refirense a taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo.
'O problema radica en que desaparece a taxa existente por entrada de carruaxes, que non outorgaba dereito a vado pero si o acceso a baixos para os vehículos e tiña un custo de 20 euros', engaden os socialistas, matizando que 'agora todos os que teñan rebaixe na acera para acceder a un baixo ou garaxe teñen que abonar a nova taxa de 70 euros'.

Te puede interesar