Os rapaces de Boborás poden inscribirse nun campamento

Un total de 15 rapaces do municipio de Boborás disfrutarán, entre os vindeiros días 18 e 24 de agosto, dunha estancia no campamento xuvenil de Pontemaril, na localidad pontevedresa de Forcarei. Según indicou a concelleira de Cultura e Xuventude, Patricia Torres, 'sairán o día 18 ás 9,30 horas do colexio público de Boborás, para chegar ó campamento ás 10,30 horas'.
Os participantes irán acompañados de dous monitores con titulación en materia de tempo libre, os cales tratarán de fomentar nos rapaces a convivencia, o respeto e outras actitudes imprescindibles para o desarrollo armónico da persoa, a través de diferentes actividades como obradoiros de artesanía e reciclaxe, e tamén de xogos, entre outras.

O Concello de Boborás faise cargo do 50% do custo de dito campamento, de xeito que os rapaces deberán abonar tan só a cantidade de 25 euros. Patricia Torres suliña que 'as familias que desexen inscribir os seus fillos nesta estancia poden apuntarse e obter máis información nas oficiñas municipais, ou ó traverso dunha chamada ó teléfono 988.402.008'.

Te puede interesar