Os rapaces xogan e aprenden no programa de lecer ‘Xoga Rural’

Un monitor distribúe pinturas a un grupo de rapaces e rapazas, en Xogaventura. (Foto: Martiño Pinal)
Unha media diaria de entre 60 e 80 rapaces 16 parroquias do Carballiño participan nas actividades de ‘Xoga Rural’, un programa patrocinado pola Deputación de Ourense.
No centro lúdico Xogaventura, e cun horario que vai das 10,00 ás 13,00 horas, nenos e nenas de entre 4 e 14 anos disfrutan gratuitamente de xogos de iniciación ós deportes de aventura e obradoiros formativos e artísticos de reciclaxe, papiroflexia e monicreques, entre outros. A cita é tódolos martes, mércores e xoves de xullo e agosto, rematando cunha gran festa de clausura.

Te puede interesar