O Carballiño

Recollida de firmas polo recorte de líneas de tren en Carballiño

O Carballiño

Transporte

Recollida de firmas polo recorte de líneas de tren en Carballiño

Os estudantes da asociación Xuca recolleron as firmas.
photo_cameraOs estudantes da asociación Xuca recolleron as firmas.
Renfe só mantén o tren rexional Ourense-Santiago con paradas en Maside, Carballiño e O Irixo

A Plataforma pola Defensa do Transporte Público do Carballiño aproveitou a feira deste martes para recoller firmas de protesta contra a supresión dos servizos ferroviarios. Numerosos veciños se acercaron a firmar descontentos con esta medida.

Desde que se recuperou a mobilidade tras o estado de alarma, a empresa ferroviaria non repuxo as dúas líneas diarias que comunicaban Carballiño con Ourense. Os dous trens saían do Carballiño a primeira hora da mañá e primeira hora da tarde, mentres que desde Ourense retornaban a primeira e última hora da tarde.

Renfe únicamente mantén o rexional Ourense-Santiago con paradas en Maside, Carballiño e O Irixo, en dirección Ourense con saída desde a estación carballiñesa ás 18,41 horas e chegada á capital de provincia ás 19,06 horas, mentres o que circula en dirección Santiago faino ás 16,00 horas e con chegada ás 17,15 horas.

A plataforma xa se creou antes destes recortes, a raíz das averías e supresión de outros servizos anteriormente.

Más en O Carballiño