Os recortes impiden a apertura da nova residencia de maiores

Novo edificio da Residencia do Maior de Carballiño. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O goberno local adicou este ano fundamentalmente a reestructurar a plantilla de persoal do Concello, a optimizar todo o posible o servizo de recaudación e a avaliar a situación económica das arcas municipais. Na actual situación de crise e coa deuda pendente os populares recurriron a contratación dunha auditoría económica, moi criticada pola oposición porque os datos aportados foron similares os indicados polo servizo de intervención municipal, ó mesmo tempo que se acollía ó plan de axuste proposto polo Estado como unha táboa de salvación para pagar ós proveedores.
Foi un ano de intenso traballo nese senso, pero marcado pola ausencia de investimentos, salvo o do parque de bombeiros, agora en construcción. O propio alcalde, Argimiro Marnotes, recoñece que os proxectos están sen facer á espera de tempos mellores. Entre outros, está o novo edificio da Residencia dos Maiores, xa rematado e só pendente de que a Xunta o poña en marcha. A oposición repróchalle ó rexidor esta situación, tendo en conta a gran demanda que hai de prazas.

A urbanización do entorno da Veracruz é outra gran asignatura pendente, despois da polémica que xenerou. Marnotes confía en que antes de que finalice este ano esté acabado o proxecto.

Polo demáis, a chegada dos populares ó goberno cambiou a forma de xestionar determinados servizos, privatizando a asistencia a domicilio e a limpeza dos edificios públicos. Asemade, o Concello delegou na Deputación a recollida de lixo e a xestión da perrera, esta última pendente do traspaso, mentras que xa se tramita a incorporación do Carballiño a Mancomunidade.

Te puede interesar