A Residencia acolle 120 maiores durante a festa do Nadal

Os maiores durante a comida. (Foto: MARCOS ATRIO)
A Secretaría Xeral de Política Social convocou, un ano máis, un programa de convivencia na Residencia de Tempo Libre do Carballiño por estas datas.
Un total de 120 maiores que viven sós chegaron onte procedentes das provincias da Coruña e Pontevedra para pasar acompañados o Nadal, ao abeiro desta campaña. Desde onte, os maiores disfrutan de 10 días neste centro, onde celebrarán as festas de Noiteboa, Nadal e Noite Vella. O programa prácticamente non ten ningún custo para o usuario. Dispoñen de aloxamento en pensión completa, de actividades de animación sociocultural, e contarán cunha póliza colectiva de seguro, ademais do referido transporte ata os puntos de chegada e partida.

Entre as actividades nas que poden participar podemos destacar xogos populares, talleres de risoterapia, karaokes, bailes de salón, obradoiros de disfraces, ximnasia, sendeirismo, gymcana de xogos, talleres de psicomotricidade, teatro e reencontros interxeneracionais. Onte foron recibidos polo delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez.

Te puede interesar