instalacións deportivas

San Amaro pide a remodelación do campo de fútbol de Salamonde

Segundo a rexidora espérase executar a dotación de novo céspede no próximo ano cunha aportación de 100.000 euros por parte da Administración autonómica e de 200.000 pola Deputación

A alcaldesa de San Amaro, María del Carmen Pérez Corral e o concelleiro de Cultura e alcalde accidental neste mes de agosto, Carlos Paz González, plantexaron varios proxectos pendentes neste municipio á delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. Pedíronlle que axilice o convenio para a remodelación do campo de fútbol de Salamonde. Segundo a rexidora espérase executar a dotación de novo céspede no próximo ano cunha aportación de 100.000 euros por parte da Administración autonómica e de 200.000 pola Deputación. 

Tamén falaron da necesidade urxente que ten o concello dunha boa cobertura de telefonía e internet, e da redacción dun plan de urbanismo. Carlos Paz González trasladoulle o interese de manter unha reunión con representantes da Consellería de Cultura para explorar as posibilidades de xestión do Castro de San Cibrao de Las e sobre a necesidade de incoar o expediente para a declaración BIC.

Te puede interesar