Satisfacción polo inicio das obras na estrada OU-0415

O grupo socialista de Boborás mostrou a súa satisfacción a través do seu secretario xeral, Javier Lamas, que agradeceu tamén a implicación dos veciños. 

A agrupación socialista de Boborás, a través do seu secretario xeral, Javier Lamas, agradece á veciñanza a implicación na recollida de sinaturas para os arranxos na OU-0415, concretamente na zona denominada "A Trincheira", conseguindo con elo a axilización das obras e a súa consecuente execución nestes días, segundo apunta.

Indica Javier Lamas que "queremos deixar claro que sabíamos, de antemán, que a obra de asfaltado con tripla capa estaba adxudicada hai meses, polo que nos remitimos soamente a pedir sinaturas para a súa execución”.

Ademais, os socialistas de Boborás inciden na necesidade de atopar unha solución para o uso dunha ponte que, debido a súa estreiteza, resulta altamente perigosa, e que está situada no tramo que está agora en obras. Por ise motivo, instan aos responsables das obras "que fagan as xestións oportunas e pidan informes a Patrimonio e á propia Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, en orde a adoptar a solución máis axeitada, sobre todo, no tocante á súa sinalización".

Ao mesmo tempo, Javier Lamas quere resaltar o feito de que, pese a estas obras que se están a realizar, aínda faltaría o tramo que vai de Feás a Magros e o que une o Concello de Boborás co veciño de Beariz.

A recollida de firmas que levou a cabo o PSdeG foi calficado como un feito "sen sentido" polo goberno municipal do PP, insistindo ao inicio da campaña que as obras xa estaban proxectadas para o outono, tal e como se están a desenvolver agora. 

Te puede interesar