Os socialistas defenden as vías orixinais do Xacobeo en Ourense

A la derecha, Francisco José Fraga. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
O PSdeG insta á Xunta a que delimite o trazado dos camiños xacobeos e remate así coa arbitrariedade á que leva a situación actual, que supón a perda dunha oportunidade económica para Galicia. O alcalde de Piñor, Francisco José Fraga Cibeira, explicou que dende o Concello ven con preocupación cómo últimamente se está intentando alterar o camiño da Vía da Prata, desviando peregrinos cara o Mosteiro de Oseira.
O rexedor recordou que 'históricamente o camiño percorre o concello de Piñor aproximadamente 10 quilómetros de sur a norte, e foi sinalado de forma oficial pola Xunta e recoñecido no DOG en 1998'. Ademais, apuntou a sinatura de varios convenios coa Xunta para limpeza e mellora do trazado e a colaboración para a programación de actuacións musicais.

A secretaria de Organización,María Quintas, lembrou que' dende o principio da lexislatura se instou á Xunta á delimitación dos camiños'. Fraga Cibeira afirmou que se continúa a desvirtuar o trazado do orixinal, entón convertiríase nun roteiro pola provincia, cando o obxectivo do camiño é chegar a Santiago', sinalou.

Te puede interesar