Os socialistas de Punxín piden o arranxo urxente das estradas

As concelleiras socialistas consideran "urxente”"que se acometa un plan de reforma integral

O PSdeG-PSOE de Punxín critica o "deplorable" estado de abandono no que se atopan as estradas de titularidade municipal que, segundo sinalan "presentan numerosas fochancas e zonas nas que a maleza xa se deixa ver entre o asfaltado, totalmente deteriorado polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas". 

As concelleiras socialistas consideran "urxente”"que se acometa un plan de reforma integral das mesmas dado "o seu grave deterioro e os problemas que ocasiona a diario aos veciños e veciñas que utilizan estas vías de comunicación", engaden.

Este grupo da oposición considera "indigno" que en pleno século XXI o Concello de Punxín conte con infraestruturas propias da "Idade Media" e al concelleiras urxen ao grupo de goberno municipal do Partido Popular e do concelleiro non adscrito que "se poñan a traballar dunha vez pola veciñanza do municipio".

Te puede interesar