Os socialistas reclaman a limpeza urxente dos sumidoiros

O grupo municipal socialista do Carballiño considera que as inundacións que se produxeron nestes días por mor das choivas caídas é unha consecuencia da falta de previsión por parte do goberno municipal, 'toda a vila se viu anegada e, en moitos casos, coas rúas cheas de fango, xa que todos sufrimos as consecuencias dunha inexistente planificación, ante algo tan previsible como as primeiras augas do outono', sinalan os concelleiros.
Nese senso, este grupo da oposición afirma que 'o que fai máis lamentable este problema, é o feito de que foron moitos os particulares e os colectivos que avisaron das funestas consecuencias da ausencia de limpeza nas canles de recollida de pluviais, sobre todo no tocante aos sumidoiros cheos de lixo e incapaces por tanto de cumplir coa sua función'.

O alcalde, Argimiro Marnotes, achacaba as inundacións a que 'pasamos do calor a caer unha tromba de auga importante, que non diu tempo a facer a limpeza, xa que a brigada estuvo no verao ocupada noutros traballos. Agora estase facendo para acabar o antes posible'.

Te puede interesar