Un taller sobre música e violencia de xénero, en Piñor

O Concello de Piñor organiza neste mes de novembro diversas actividades encamiñadas a concienciar ós ciudadáns contra a violencia de xénero. Entre elas, está previsto un taller denominado 'Música e violencia de xénero', 'no que compartiremos como a música ás veces transmite mensaxes que non se deberían permitir, promovendo a inferioridade da muller e moitas formas de violencia de xénero', indica o goberno municipal. O taller terá lugar durante o acto conmemorativo contra a violencia de xénero, o mércores 28 de novembro, ás 19,30 horas no Concello.
Neste mes contra a violencia de xénero tamén se levarán a cabo obradoiros de autoestima e risoterapia para mulleres e de comunicación e corresponsabilidade para homes, ademáis dun certame de relatos cortos.

Te puede interesar